Anunciamos que o día 25 de marzo de 18:00 a 20:00 desenvolverase un relatorio no centro dirixido ás familias titulado: Como comunicarme cos meus fillos a cargo da relatora JENIFFER LAURA HERBÓN OTERO. Este relatorio está dentro da formación do CFR dirixida ás familias.
viernes, 14 de marzo de 2025
jueves, 13 de marzo de 2025
A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, mantivo hoxe unha charla cos estudantes do IES Terra de Turonio
A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, mantivo hoxe unha charla cos estudantes do instituto Terra de Turonio, en Gondomar, que están a cursar o ciclo Guía de Actividades no medio Natural e Tempo Libre, cos que puido compartir algunhas das accións que o seu departamento desenvolve relacionadas con ese ámbito.
Así, a representante da Xunta tivo a oportunidade de expoñer e comentar co alumnado deste ciclo as posibilidades profesionais que se lle presentan de fronte ao futuro vinculadas con estes estudos, así como os distintos programas que a Dirección Xeral de Xuventude pon ao dispor dos mozos e mozas tanto no campo da formación como do lecer cultural. Enlace a páxina
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
Pola presente, convocamos ás socias e socios da ANPA dovIES TERRA DE TURONIO á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que celebraremos o vindeiro venres ...
-
Acceso páxina IES
-
A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, mantivo hoxe unha charla cos estudantes do instituto Terra de Turonio, en Gondomar, que están...