A ANPA está formada polo conxunto das familias con alumnos matriculados no centro, representamos as familias e protexemos os seus dereitos.
- Temos representación no Consello Escolar o que nos permite mediar entre os pais e a dirección do centro.
- Organizamos actividades educativas, como charlas para as familias e o alumnado
- Colaboramos co instituto en distintas actividades e necesidades que poidan xurdir
- Aportacións económicas en viaxes e excursións.
- Compra de libros para a biblioteca.
- Pertencemos a FAVALMI (Federación de ANPAS do Val Miñor).
- BANCO DE LIBROS GRATUÍTO.
- Porque queremos o mellor para esta comunidade educativa e loitamos nelo xuntos.
- Porque somos una asociación sen ánimo de lucro que defende a ensinanza pública.
NORMAS BANCO DE LIBROS
- Pertencer aoANPA e estar ao corrente dos pagos da cota do ANPA.
- Respectar as datas límites para anotarse no banco.
- Colaborar na organización.
- Respectar as datas de recollida e entrega dos libros.
- Cumprir as normas de conservación dos libros:
- Os libros teñen que estar forrados. Aqueles libros que non se forren levarán unha sanción de 5€por libro.
- Os libros terán que devolverse en bo estado. Non se pode escribir neles, nin subliñar, nin maltratalos.
- A perda ou deterioro dun libro terá unha penalizacion, o primeiro e segundo ano de vixencia do manual, penalizarase co prezo de libro novo, e a partir de aí 25€por libro.
- O alumnado de 4º aboará unha fianza de 20€que se lle reembolsará cando devolva todos os libros e en bo estado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario