miércoles, 18 de junio de 2025

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

 Pola presente, convocamos ás socias e socios da ANPA dovIES TERRA DE TURONIO á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que celebraremos o vindeiro venres 20 de xuño de 2025 ás 19:00 horas en primeira convocatoria e ás 19:30 horas en segunda convocatoria, na aula do Anexo do instituto, coa seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.

2. Presentación do estado de contas do curso 2024/2025.

3. Información sobre o Banco de libros.

4. Memoria actividades curso 2024/2025.

5. Proposta actividades para o próximo curso.

6. -Varios.

7. Rogos e preguntas.


Dada a importancia dos temas a tratar, pregamos a vosa asistencia.

Un saúdo

A directiva

Aclaración: Non poderemos comenzar a Asamblea na primeira convocaroria a non ser que haxa quorum

suficiente( mitade máis un dos socios e socias).

domingo, 1 de junio de 2025

Convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar

 A Consellería acaba de publicar no portal educativo a convocatoria de solicitude de axudas de material escolar.

Para solicitalas pódese presentar a solicitude por vía electrónica ou en papel nos centros despois de descargar o adxunto de abaixo.

Para máis información acceder ao enlace ao Fondolibros aquí

Anexo I

Anexo II

Páxina do centro

viernes, 14 de marzo de 2025

CHARLA PARA FAMILIAS 25 DE MARZO

Anunciamos que o día 25 de marzo de 18:00 a 20:00 desenvolverase un relatorio no centro dirixido ás familias titulado: Como comunicarme cos meus fillos a cargo da relatora JENIFFER LAURA HERBÓN OTERO. Este relatorio está dentro da formación do CFR dirixida ás familias. 

jueves, 13 de marzo de 2025

A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, mantivo hoxe unha charla cos estudantes do IES Terra de Turonio

 A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, mantivo hoxe unha charla cos estudantes do instituto Terra de Turonio, en Gondomar, que están a cursar o ciclo Guía de Actividades no medio Natural e Tempo Libre, cos que puido compartir algunhas das accións que o seu departamento desenvolve relacionadas con ese ámbito.


Así, a representante da Xunta tivo a oportunidade de expoñer e comentar co alumnado deste ciclo as posibilidades profesionais que se lle presentan de fronte ao futuro vinculadas con estes estudos, así como os distintos programas que a Dirección Xeral de Xuventude pon ao dispor dos mozos e mozas tanto no campo da formación como do lecer cultural. Enlace a páxina

jueves, 27 de febrero de 2025

ACCESO AMPAFACIL

A través do seguinte enlace podedes entrar na APP da ANPA e xestionar os vosos datos de socio.


AMPA FACIL

 PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2025-2026


1. PROCEDEMENTO DE RESERVA PARA CENTROS ADSCRITOS CURSO 2025-2026

  • A QUEN ESTÁ DIRXIDO:
    • Ao alumnado dos centros de primaria adscritos ao IES Terra de Turonio que están no curso actual en 6º de primaria.
    • Ao alumnado de IES Terra de Turonio que está no curso actual en 4º de ESO e quere cursar bacharelato no IES Auga da Laxe. 
  • PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
    • Do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro de 2025.
  • PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:
    • A través da Sede Electrónica de admsionalumnado coa Chave365 ou con certificado dixital (ED550A).
    • Presencial no centro no que estea matriculado actualmente (no IES Terra de Turonio)  presentando en papel o impreso de solicitude de reserva dispoñible na secretaría do centro ou descargándoo da aplicación admisionalumnado. 
  • DOCUMENTACIÓN: a que se precise xustificar: libro de familia, sentenza de separación, grao de discapacidade ou necesidades específicas de apoio educativo...

                

*MOI IMPORTANTE:  non se pode facer conxuntamente reserva de praza no centro adscrito (Auga da Laxe) e solicitude de admisión ordinaria noutro centro. Nese caso habería que facer primeiramente unha renuncia da reserva e o prazo para facelo é o 28 de febreiro.

                                          Para acceder á aplicación clicar aquí:  admisionalumnado 

2. PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN ORDINARIA CURSO 2025-2026 

  • A QUEN ESTÁ DIRXIDO:
    • Ao alumnado de IES Terra de Turonio que está no curso actual en 4º de ESO e quere cursar bacharelato noutro centro que non sexa  IES Auga da Laxe. 

*MOI IMPORTANTE:  unha vez realizada unha solicitude de admisión ordinaria e posteriormente quere facerse noutro centro distinto do solictado, haberá que facer unha renuncia. 

  • PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
    • Do 1 ao 20 de marzo de 2025.
  • PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:
    • A través da Sede Electrónica de admsionalumnado coa Chave365 ou con certificado dixital (ED550B).
    • Presencial na secretaría do centro ao que desexa ser admitio  presentando en papel o impreso de solicitude descargándoo da aplicación admisionalumnado. 
    •  *MOI IMPORTANTE:  unha vez realizada unha solicitude de admisión ordinaria e posteriormente quere facerse noutro centro distinto do solictado, haberá que facer unha renuncia. 

                               Para acceder clicar aquí:  admisionalumnado

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

 Pola presente, convocamos ás socias e socios da ANPA dovIES TERRA DE TURONIO á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que celebraremos o vindeiro venres ...