jueves, 27 de febrero de 2025

 PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2025-2026


1. PROCEDEMENTO DE RESERVA PARA CENTROS ADSCRITOS CURSO 2025-2026

  • A QUEN ESTÁ DIRXIDO:
    • Ao alumnado dos centros de primaria adscritos ao IES Terra de Turonio que están no curso actual en 6º de primaria.
    • Ao alumnado de IES Terra de Turonio que está no curso actual en 4º de ESO e quere cursar bacharelato no IES Auga da Laxe. 
  • PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
    • Do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro de 2025.
  • PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:
    • A través da Sede Electrónica de admsionalumnado coa Chave365 ou con certificado dixital (ED550A).
    • Presencial no centro no que estea matriculado actualmente (no IES Terra de Turonio)  presentando en papel o impreso de solicitude de reserva dispoñible na secretaría do centro ou descargándoo da aplicación admisionalumnado. 
  • DOCUMENTACIÓN: a que se precise xustificar: libro de familia, sentenza de separación, grao de discapacidade ou necesidades específicas de apoio educativo...

                

*MOI IMPORTANTE:  non se pode facer conxuntamente reserva de praza no centro adscrito (Auga da Laxe) e solicitude de admisión ordinaria noutro centro. Nese caso habería que facer primeiramente unha renuncia da reserva e o prazo para facelo é o 28 de febreiro.

                                          Para acceder á aplicación clicar aquí:  admisionalumnado 

2. PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN ORDINARIA CURSO 2025-2026 

  • A QUEN ESTÁ DIRXIDO:
    • Ao alumnado de IES Terra de Turonio que está no curso actual en 4º de ESO e quere cursar bacharelato noutro centro que non sexa  IES Auga da Laxe. 

*MOI IMPORTANTE:  unha vez realizada unha solicitude de admisión ordinaria e posteriormente quere facerse noutro centro distinto do solictado, haberá que facer unha renuncia. 

  • PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
    • Do 1 ao 20 de marzo de 2025.
  • PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:
    • A través da Sede Electrónica de admsionalumnado coa Chave365 ou con certificado dixital (ED550B).
    • Presencial na secretaría do centro ao que desexa ser admitio  presentando en papel o impreso de solicitude descargándoo da aplicación admisionalumnado. 
    •  *MOI IMPORTANTE:  unha vez realizada unha solicitude de admisión ordinaria e posteriormente quere facerse noutro centro distinto do solictado, haberá que facer unha renuncia. 

                               Para acceder clicar aquí:  admisionalumnado

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

 Pola presente, convocamos ás socias e socios da ANPA dovIES TERRA DE TURONIO á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que celebraremos o vindeiro venres ...